domingo, 8 de enero de 2012

Sentir

Na definición de jazz,  no senso máis amplo da palabra, aparecen unha serie de palabras que me axudaron sempre a entendelo, en parte.Unha delas é imaxinación, outras poderían ser, ocúrrenseme agora, improvisación, viaxe,virtuosismo,perfección, maestría,tenrura...
Cando podes asistir a un evento onde a xenialidade ao piano de Pablo Seoane, se mistura coa contundencia sonora do saxo de Enrique Oliver, debes sentirte afortunado e disfrutar do momento;ao fin e ao cabo,  a felicidade absoluta non existe, tan soio momentos felices.Deixalo pasar non deixaría de ser unha mágoa.

Sabendo esto, na primeira Noite de Reis que viviu o Boulevard, moitos decidiron abrir as mentes e o corazón, paso previo e necesario, para sumerxirse nun amplo abanico de sensacións que produce estar a dous pasos destos magos da improvisación.
A verdade e que é atrevido, como proposta de lecer, ofertar unha noite de Jazz un venres noite nestas latitudes, pois, a primeira de cambio podemos caer no erro de pensar que non é viable,que a xente non vai a responder, que ten que ser algo máis "animado" ao falar do arranque da fin de semana, e un longo etc que despois desplómase como un castelo de naipes ao máis debil contacto coa brisa atlántica que nos aperta.


Descubres que aos amantes deste xénero ou da boa música en xeral,non lle supón ningún vértigo asomarse a esta proposta, pero ese mesmo vértigo,descúbrese nos rostros dos que asisten a algo có que non están moi familiarizados e dos que , as veces, traen unha opinión a priori, que lle pode sesgar o xuicio.
Quizáis o máis máxico desto, é asistir á trasformación desas mesmas caras, do ambiente do local,das charlas,de súpeto máis armónicas, e que denotan un estado de ánimo pracenteiro e que escomenza a discurrir parello á notas que fabrican maxistralmente Pablo i Enrique, Enrique e Pablo .
A experimentación sonora por parte dos mestres, enche a débil luz  do Boulevard coas notas que van brotando e uníndose nunha simbiose cós risos e susurros dos asistentes, coa frescura dos Gin-tónics, cós perfumes  das guapas mozas,coas pingas de cervexa que repousan na barra baixo as copas de cristal,cós acordes que crean as pedras de xeo ao aterrar nos vasos anchos do elixir escocés,coa noite,que axuda a perfilar esta cadro, de súpeto bucólico.Soio falta a nebulosa do tabaco,que xa non nos envolve, que xa non navega ás súas anchas polo bar.

 A jazz session progresa, discurre,deambula errante para atoparse a medio camiño coa voz; sí, có timbre de bluesman típico de Turnes, a canle conductora que fixo posible esta velada.Como non podía ser doutro xeito, arrancou, e xa que estamos improvisando, non retira o papel onde a letra da canción se asoma para amosarnos a mensaxe que trasporta.Javier Turnes víveo, nótase...e trasmite a importancia do sentir, de abrir a alma para apreciar algo que, o día que nos falte, será o día onde deixemos de ser persoas para mudarnos en entes autómatas e carentes de espíritu..... o sentir.

Os tres grandes sobre o escenario


Veciños da bisbarra polo Boulevard


Caras novas


O cheo foi absoluto


María  & Cía disfrutando do momento


¡¡¡ Que rico el mojito !!!

Mami e Papi 


Gracias a tod@s por facer posible esta fermosa velada.
Podedes curiosear as fotos do evento AQUI

No hay comentarios:

Publicar un comentario