miércoles, 28 de diciembre de 2011

CRONICA DUN REENCONTRO...


O concerto estaba anunciado, o equipo de son preparado, os carteis presentes na bisbarra e o evento publicado en prensa e internet. O traballo visual para crear atmósfera pendente tan soio do "play " para escomenzar as imaxes a fuxir polos proxectores do Boulevard; soio faltaban os músicos por chegar. Hai que facer probas de son antes de cada concerto,todo debe sair ben e non hai que deixar espacios mortos que dean lugar a contratempos de última hora.Éste é o ritual que precede a cada evento.
O primeiro en entrar é Fernando Esclusa, o cantante e lider da banda sesentera;pero entra o batería,  "Bohan ", e de súpeto, como un flash back,chegan a miña memoria imaxes do ano 94, nun festival que organizamos no polideportivo municipal de Fisterra, onde actuábamos un montón de bandas da provincia da Coruña; entre elas, " Papirus ", a banda fisterrana ..pero tamén actuaban uns rapaces da Coruña que aínda non lle puxeran nome ao seu grupo, e nos decidimos chamarlle  "Os Pirolas ". Ahí estaba Fernando, que tamén se lembrou de súpeto daquel festival con aquel grupo que soio utilizou ese nome ese día, nunca máis volveu a soar   "Los Pirolas ". Facía tantos anos ,que a nostalxia entrou sen permiso no meu subconscente.
 Momento no que sube ao escenario Marga Ramos

Pero foron outras as casualidades que converxeron nesas horas previas ao concerto no Boulevard...Fernando Esclusa foi compoñente  de Guru Deva, unha banda liderada por Félix Arias, compañeiro meu de facultade e có que compartin algún bolo na capital galega nos meus anos universitarios.O terceiro compoñente,  Fernando Lamas, formou parte de Lovely Luna (banda que aínda funciona na actualidade e que está liderada polo propio Félix Arias e por Xoel López (Deluxe), có que tamén compartíamos momentos de inspiración nesa época. O propio Bohan, compañeiro da época de  "Los Pirolas " grabou como batería os dous primeiros discos de Deluxe.
Espectadora de luxo no Boulevard: a actriz Sara Casasnovas
Para non liar máis, alí estábamos no Boulevard, máis dunha década despois catro persoas con catro bandas en común..Papirus,Los Pirolas,Lovely Luna e Deluxe.Todo presaxiaba unha noite especial...e así foi.
O monologuista Juanma Buiturón
A verdade é que nos fixeron esperar un pouco;era para a medianoite e retrasáronse media hora, a cea alongouse máis do previsto.Pero cando chegaron, puxeron as fundas ou monos de mecánicos i escomenzaron a soar Beatles,Birds,Los Brincos, Los Bravos, Fórmula V e outros temas que conseguiron, por primeira vez facer do Boulevard unha pista de baile.

Sempre encantadora Tamara

Eche ben certo que a boa música nunca morre, sempre estará presente e aínda que falamos dunha década que quedou atrás fai medio século, esas cancións séguense interiorizando porque teñen algo especial;chegan ao interior dos que a escoitan e fan que desperten emocións que nos alonxan do pesimismo có que tratan de embriagarnos os medios de comunicación e os políticos, con esto da maldita crise.Paz, amor, fraternidade....e como non, tamén hai que dicilo, moito Gin tónic e moito surrealismo nunha noite que daba o pistoletazo de saída ás festas do Nadal.

Parrillada  "Tira do cordel "case na súa totalidade


Parte dos que nunca fallan ás citas no Boulevard

 Ovidio, o trotamundos da costa da morte

Relo  " gintonic de linkeirón  " e Pedro do estanco  " da plasa  "


Moure con Mauricio o chileno, último concerto antes de partir para América.


 Los Mecánicos desataron a loucura dos asistentes


 Un brindis polos mecánicos e  ¡¡¡¡ FELIZ 2012 !!!!!


Tódalas instantáneas do concerto AQUI

  Gracias a todos pola asistencia e por facer posible uns intres de paz e convivencia exemplar, neste mundo, cada día máis caótico e alonxado do colectivo, en detrimento do individual.







lunes, 12 de diciembre de 2011

Benvid@s ao Boulevard Lounge de Fisterra.

Amigos e amigas, un lugar como o Boulevard Lounge, có seu escaso ano de vida, pero con xa moitas experiencias no seu haber , precisaba dun espacio na rede onde facerse eco das cousas que aquí acontecen. Compartir dun xeito máis amplo as nosas sensacións, repasar os eventos vividos,facervos partícipes das nosas inquedanzas e darvos voz no trascurrir do día a día, forma parte da nosa filosofía e do noso xeito de entender este proxecto, que sen a vosa presencia sería inútil e baleiro de contido.
Mediante este blogue, asumimos o compromiso de facilitarvos toda a información que rodea ao Boulevard;desenrrolar a axenda de eventos musicais, máxia, humor e calquera outra índole,mantervos ao día coas novedades que vaian xurdindo,novos productos,promocións,iniciativas..Tamén utilizaremos este caderno de bitácora para coñecer a vosa opinión sobre o día a día do Boulevard, facernos eco das vosas inquedanzas e da vosas suxerencias para facer deste lugar un espacio máis voso, máis noso, máis de tod@s.
Para rematar gustaríanos, a Camiña e José María,agradecervos sinceiramente a vosa compañía durante todo este tempo, e soio desexamos, de aquí en adiante, estar a altura e poder proporcionarvos un establecemento cálido e acolledor onde podades decidir pasar algúns dos momentos máis felices das vosas vidas..